Amando Castroviejo
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de febreiro de 1874 ![]() Sorzano, España (pt) ![]() ![]() |
Morte | 7 de agosto de 1934 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Lugar de sepultura | Coiro ![]() |
Catedrático de universidade | |
![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Educación | Universidade de Granada ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político , profesor universitario , escritor , xurista ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Familia![]() | |
Fillos | Xosé María Castroviejo, Concha Castroviejo ![]() |
![]() |
Amando Ricardo Castroviejo Nobajas, nado en Sorzano (A Rioxa) en 1874 e finado en Santiago de Compostela o 7 de agosto de 1934[1], foi un profesor e político español.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a5/Amando_Castroviejo_con_Jos%C3%A9_Mar%C3%ADa%2C_Concha%2C_Pilar_e_Ana_Mar%C3%ADa._1926.jpg/220px-Amando_Castroviejo_con_Jos%C3%A9_Mar%C3%ADa%2C_Concha%2C_Pilar_e_Ana_Mar%C3%ADa._1926.jpg)
Foi catedrático de Dereito Político da Universidade de Granada (1896) e despois catedrático de Economía e Facenda da Universidade de Sevilla. Instalado en Santiago de Compostela onde casou, foi catedrático de Economía Política e Facenda Pública na Universidade de Santiago de Compostela dende 1907. Foi propagandista do agrarismo católico, do catolicismo social e impulsor da Previsión Social. Foi concelleiro de Santiago de Compostela na ditadura de Primo de Rivera e promotor da democracia cristiá. Colaborou en Cronique Sociel de France, Revue Catolique de Cuestions Sociales e Revista de Ciencias Sociales. Foi membro da Academia de Ciencias Morales y Políticas.[2] Foi soterrado xunto á igrexa parroquial de Coiro (Cangas).
Obras[editar | editar a fonte]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/25/Tumba_de_Amando_Castroviejo_en_Coiro%2C_Cangas.jpg/220px-Tumba_de_Amando_Castroviejo_en_Coiro%2C_Cangas.jpg)
- El trabajo a domicilio en España, 1908.
- La cooperación en la agricultura, 1909.
- Los Comités de salarios en el trabajo a domicilio, 1911.
- La reglamentación del trabajo a domicilio en España, 1912.
- La V. Orden Tercera de San Francisco y la paz social, 1915.
- Los principios cristianos y la transformación y aun abolición del salariado, 1921.
Como tradutor[editar | editar a fonte]
- La cruz y la media-luna de Godefroid Kurth, 1895.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Foi pai de Xosé María e Concha Castroviejo.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Compostelano, 9-8-1934, p. 3.
- ↑ El Pueblo Gallego, 9-8-1934, p. 12.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Amando Castroviejo ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Durán, José Antonio (2005). "Castroviejo y Nobajas, Amando Ricardo". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.